Navegación: Inicio Inicio 
Usuario
Contrasinal:

RGE 84. EMERXENCIA CLIMÁTICA E EDUCACIÓN

NEG OPINA: A ÚLTIMA

SECRETARIADO
SECRETARIADO NACIONAL 2021

Como asociarse?
Para asociáreste podes cubrir este formulario e envialo á nosa sede nacional.

Contacta con nós
Contactar

NOVAS
#25N
#ContraAsViolenciasCoeducación

#25N #ContraAsViolenciasCoeducación Unha vez máis, o 25N chega para lembrarnos –como se fose posible esquecelo- que ser muller é un factor de risco. Risco de pobreza, de agresións sexuais, de maltrato e asasinato dentro da parella... A lembrarnos que a nosa sociedade non só non é quen de frear a reprodución da violencia cara ás mulleres a través dos medios clásicos –cancións, películas, contos...- senón que ademais vemos como se fai aínda máis virulenta con ferramentas relativamente recentes coma a denominada nova pornografía, videoxogos, redes sociais etc. Neste contexto asistimos con estupor á difusión dunha desatinada campaña da Xunta de Galicia -“Non debería pasar, pero pasa”- na que, máis unha vez, se evidencia a ausencia dun tratamento con perspectiva de xénero para un tema tan sensible como é a violencia contra as mulleres. Constátase a necesidade de poñer en valor a formación específica neste ámbito. Non pode ser que os esforzos do labor coeducativo choquen frontalmente con campañas que asolagan as redes con mensaxes contraditorias, que poñen o foco en estereotipos que precisamente hai que combater e superar cun traballo responsable desde múltiples instancias. Outro 25N chega sen cambios lexislativos que afonden na prevención e erradicación da reprodución desta violencia. Un labor que se tenta facer desde moitos centros educativos sen máis medios que a disposición voluntariosa do profesorado –principalmente profesoras-. Outro 25N desde Nova Escola Galega lembramos que a coeducación é a única garantía de que as nenas e nenos de hoxe non serán as vítimas e os verdugos do futuro. Xa que logo, a coeducación é un dereito da infancia que a escola non pode desatender. (ler máis)
 
Voltar

Buscador
Chave


A CIDADE DE COMPOSTELA COMO ESCENARIO EDUCATIVO

ROTEIRO SOBRE A MEMORIA HISTÓRICA POR SANTIAGO

EMERXENCIA CLIMÁTICA

OS DEREITOS DA INFANCIA A DEBATE

XIV SEMINARIO DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS

Tamén estamos en...
Enlace externo  Facebook
Enlace externo  Youtube
Enlace externo  Correo electrónico

XIV PREMIOS EDUCACOMPOSTELA

Manifesto ante a presenza militar nas actividades dos centros escolares

XXV ANIVERSARIO NEG

NEG e a lingua (1983-2008)

ENGÁDESTE?

Modelo de Normalización defendido por NEG



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com