Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2006 II Xornadas 'A escola: punto de encontro entre profesorado e educadores/as sociais' 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Conclusións

A modo de conclusións pódense articular as seguintes achegas:
- Cómpre definir, ou redefinir, o modelo de escola que precisa a sociedade actual. Este proceso de revisión debe ser aberto e participativo. Non pode facerse exclusivamente desde o punto de vista profesional, ou só desde o propio marco escolar. A sociedade debe clarificar que escola precisa sobre a base de reformularse as funcións sociais que son esixibles á institución escolar.
- Se non se produce ese proceso de reformulación e clarificación, a integración de distintos profesionais da educación e o traballo colaborativo entre eles no marco escolar será máis difícil, xa que non está suficientemente articulado o sentido do seu labor, entendido de maneira individual ou colectiva.


(máis información)

Presentación
Estas II Xornadas pretenden constituírse nun punto de encontro para debater acerca das achegas que dun xeito conxunto poden facer os profesores e os profesionais da educación social. Os obxectivos que se pretenden desenvolver son:

1. Reflexionar sobre as novas necesidades que se manifestan nas escolas, e os recursos cos que contan os profesionais implicados (mestres/as, orientadores/as, educado-res/as sociais).

2. Propiciar a análise sobre os ámbitos nos que pode desempeñar o seu traballo o educador/a social nos centros educativos.

3. Reflexionar acerca da función que pode desempeñar o/a educador/a social na escola.

4. Coñecer modelos de participación do educador/a social na escola.

5. Identificar estratexias de traballo colaborativo entre os distintos profesionais.

6. Coñecer experiencias que se desenvolven en Galicia e fora dela en relación co tema.

7. Coñecer os plans da administración educativa galega sobre a implantación da figura do/a educador/a social no marco escolar.


Documentación
Boletin de inscrición
Programa

Ficha técnica

II. XORNADAS: A ESCOLA, PUNTO DE ENCONTRO ENTRE O PROFESORADO E EDUCADORES/AS SOCIAIS.

Ata o 30 de xuño: 40 € (25 € parados/as, estudiantes e membros de NEG e do CESG). Deberase acreditar, no seu caso, a condición de parado/a, estudiante, membro de NEG ou Colexio de Educadores).

Transferencia bancaria en Caixa Galicia, número:

2091/0300/45/3040089500

Oficina Principal, Pza de Galicia, Santiago de Compostela,

Contacto e Información

NOVA ESCOLA GALEGA,

Rúa Betanzos, 1-1º esquerda, 15703 Santiago de Compostela

neg@mundo-r.com, tlfno/fax: 981562577.

Luns, Martes, Mércores e Xoves de 9:00 a 14:00.

Martes e Xoves de 18:00 a 20:00.





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com