Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2007 V Xornadas Ciencia e Territorio 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Memoria das Xornadas
Boletín de inscrición
Programa

Prensa
Melide na prensa, 12 setembro 2007
Ourensenet, 13 setembro 2007
Voz, 13 setembro 2007
Progreso, 13 setembro 2007
Comunicado de prensa núm. 4
Correo, 12 setembro 2007
Voz, 12 setembro 2007
Progreso, 12 setembro 2007
Tierras de Santiago, 11 setembro 2007
Radiofusión, 7 xullo 2007
Mundo Galiza, 8 setembro 2007
Arroutada noticias, 12 setembro 2007
Comunicado de prensa núm. 3
Voz, 11 setembro 2007
Correo, 11 setembro 2007
Comunicado de Prensa núm. 2
Comunicado de Prensa núm. 1
Cerne, agosto 2007
Voz, 3 xullo 2007

Presentación
Xustificación
O ensino non pode ser concibido sen que intente achegar o medio social, natural, económico e cultural á escola. Unha verdadeira escola galega comprometida co seu medio tampouco pode ser concibida sen que procure verdadeiras aprendizaxes significativas a partir do que lle é coñecido ao alumnado.

A partir do ano 2003, Nova Escola Galega e os Departamentos de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais do IES Melide propuxeron, nunha convocatoria anual, unhas xornadas de estudo centradas na comarca da Terra de Melide. A convocatoria nacía coa pretensión de ser exemplificadora a respecto do como os educadores e educadoras podemos aproveitar os recursos didácticos que nos ofrece o medio.

Despois de seren exploradas as posibilidades didácticas da Xeoloxía, da Xeomorfoloxía, da Botánica e da Arqueoloxía, e recollendo a opinión dos propios asistentes ás edicións anteriores, as V Xornadas Ciencia e Territorio pretenden analizar todo aquilo que, desde a óptica didáctica, nos pode ofrecer a auga. O tratamento específico da problemática que xira arredor da auga, é especialmente significativa nuns tempos nos que, ademais da existencia dunhas preocupantes circunstancias ambientais no país, semella que comezamos a ser conscientes de que a auga non é un ben inesgotable.

Obxectivos:
  1. Exemplificar na comarca natural da Terra de Melide as estratexias de integración do ensino no territorio.
  2. Investigar, para o seu posterior emprego educativo, particularmente, as posibilidades didácticas que nos frece a pro- blemática arredor da auga.
  3. Realizar labores de investigación e análise, particularmente en aspectos como a contaminación dos ríos.
  4. Observar a corrección de impactos ambientais producidos por unha acción do ser humano pouco atenta á preser- vación do medio.
  5. Inserir o específico traballo (didáctico e de investigación) no campo da Hidroloxía, no conxunto de oportunidades educativas que nos ofrece o medio.

Se queres acceder á información sobre a última edición celebrada, clica aquí


(máis información)

Documentación
Selección de artigos do profesor Pedro Brufao

Galería de imaxes

Seleccione unha categoría na lista desplegable para amosar as súas imaxes.

Ficha técnica
Título da actividade:
V Xornadas Ciencia e Territorio. A Auga: Usos e abusos (I).

Datas de celebración:
10, 11 e 12 de setembro do 2007

Lugar de celebración:
Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Melide.
Traballo de campo nas comarcas da Terra de Melide e da Ulloa.

Destinatarios/as:
Profesorado de Ensino Secundario do ámbito das Ciencias Sociais.
Profesorado de Ensino Secundario do ámbito das Ciencias Naturais.
Profesorado de Ensino Primario e Secundario en xeral.

Nº máximo de participantes:
50, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas:
24 (homologación da Consellería de Educación en trámite)

Cotas de inscrición:
Ordinaria: 60 €
Socios/as de NEG, parados/as e estudantes: 30 €

Forma de pagamento:
Entrega ou transferencia bancaria á conta de NEG en Banesto 0030 – 6149 – 15 – 0298019273

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento á sede de NEG





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com