Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2008 Exposición de recursos e actividades educativas dos museos 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Presentación
ACTIVIDADE EN PREPARACIÓN
Lugar de realización: Actividade itinerante por diferentes museos.
Data de realización prevista:
Tema central:
Algúns contidos previstos: Esta actividade dálle continuidade á realizada no mes de novembro do 2006 no Museo do Pobo Galego baixo o título Actividades e recursos educativos dos museos de Galicia. Preténdese poñer de relevo o potencial pedagóxico dos museos, achegando a súa realidade educativa a un maior número de destinatarios/as.
Para iso, daranse a coñecer, a través dunha exposición, os programas educativos que desenvolven diversos museos (inclúense neste termo tamén as coleccións visitables), dirixidos a diferentes públicos.
Con ese fin exhibirase a través de paneis explicativos (combinando imaxes, texto, gráficos...) e sobre outros soportes, como monitores onde se proxecten vídeos, unha mostra da oferta educativa que levan a cabo os museos participantes, acompañados polos materiais educativos nos que se apoian as diversas actividades didácticas, así como aqueles materiais que xorden como consecuencia da participación dunha ampla tipoloxía de públicos.
Esta actividade, que terá carácter itinerante, ten pendente de planificación a secuencia das datas en que cada Museo se faga cargo da mesma. Complementarase cunha programación de visitas guiadas, actividade dirixida aos centros educativos e adaptada aos diferentes niveis de ensino, para dar a coñecer a exposición a docentes e alumnado.
Destinatarios/as: docentes dos distintos niveis educativos, profesionais dos museos, estudantes de ciencias da educación e de museoloxía, familias, estudantes dos distintos niveis educativos...

Se queres acceder á última edición celebrada, clica aquí

(máis información)

Documentación

Ficha técnica




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com