Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2008 XXII Encontro Galego-Portugués de Educadores/as pola Paz 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Ficha de inscrición
Programa

Prensa
A Nosa Terra, abril 2008

Presentación
XXII ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ
VIGO, 18, 19 e 20 de abril de 2008
Teatro e Auditorio Caixanova

ORGANIZAN:
Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ)
Educadores/as pola Paz-Nova Escola Galega (http://www.educadorespolapaz.org/)
Dpto. de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Coruña
Movimento dos Educadores pela Paz de Portugal (MEP)

FINANCIAN:
Caixanova
Concello de Vigo-Educación
Concello de Lugo-Educación
Concello de Santiago de Compostela-Educación
Ministerio de Educación e Ciencia (MEC)

www.educadorespolapaz.org

A nova cita das educadoras e educadores pola paz galegos e portugueses, así como doutras terras de España e outros países que nos adoitan acompañar, está xa programada. Será en Vigo, a cidade que viu nacer no ano 1983 ao grupo EDUCADORES POLA PAZ do Movemento de Renovación Pedagóxica (MRP) NOVA ESCOLA GALEGA. Vai ser, pois, un Encontro especial por varios motivos. En primeiro lugar, por ser a primeira vez que nos imos a reunir en Vigo e, en segundo lugar, porque no transcurso deste XXII Encontro celebraremos a existencia dos 25 anos de EDUCADORES POLA PAZ, o grupo de educación para a paz máis veterano en funcionamento da península Ibérica. Será, pois, un Encontro para festexalo e para recapitular sobre as numerosas actividades desenvolvidas nestes 25 anos (que en boa medida se poden consultar na nosa web: www.educadorespolapaz.org): xornadas, cursos, conferencias, encontros, revistas, libros, etc. Pero tamén para falar da situación do presente e do futuro. Neste sentido, dada a actualidade da temática e polo noso compromiso coa mesma, por segunda vez dedicamos o tema de estudo deste ano á Educación para a cidadanía e os dereitos humanos.

A celebración dos 25 anos e o feito de realizalo en Vigo, levounos este ano a modificar a estrutura tradicional dos nosos Encontros. Así incluímos por primeira vez un acto-espectáculo nun teatro con gran capacidade (1.000 localidades) no que intervirán músicos e poetas consagrados nas súas respectivas artes, así como a participación dalgúns dos ensaístas que colaboran nos libros Educación e Paz I. 25 anos de Educadores pola Paz e Educación e Paz II. Presente e futuro da construcción da paz, que serán presentados no devandito acto. O primeiro da autoría de Xesús R. Jares e o segundo conta con 40 colaboracións de destacados e recoñecidos autores de diferentes disciplinas e partes do mundo, coa coordinación de Xesús R. Jares. Ambos libros están editados por Edicións Xerais de Galicia.

Tamén nos pareceu oportuno prescindir nesta ocasión dos obradoiros para darlle preferencia ás conferencias e conferenciantes de moi alto peso intelectual, de moi longo percorrido, cunha extensa e sólida obra e dun compromiso claro e rotundo coa temática que abordamos. O esforzo feito neste sentido, tamén é totalmente novidoso na nosa historia. Esperamos que ditos esforzos, o tempo e as ilusións investidos se vexan recompensados cunha participación masiva de todos os que participaron nalgunha ocasión nas nosas actividades e, por suposto, os que queiran facelo por primeira vez.

Será, sen dúbida para eles/as, un bó punto de partida. Por todo iso, esperamos a vosa presenza e participación activa nesta nova cita. Ata abril, mes da liberdade e da paz, en Vigo do 18 ao 20.

Se queres acceder á información sobre a última edición celebrada, clica aquí

(máis información)

Documentación

Ficha técnica
Título da actividade:
XXII ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS E EDUCADORES POLA PAZ
Datas de celebración:
18, 19 e 20 de abril de 2008

Lugar de celebración:
VIGO
(Teatro e Auditorio de Caixanova)

Cotas de inscrición:
1. Só Matrícula:
a) Ata o día 20 de marzo:
- Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes e desempregados/as: 35 €.
- Resto: 40 €.

b) Despois do 20 de marzo:
- Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes/as e desempregados/as: 40 €.
- Resto: 45 €.

2. Matrícula mais hotel:
Hotel Cidade de Vigo, catro estrelas, dúas noites en habitación dobre ou triple, almorzo buffet e tres comidas:
a) Ata o día 15 de marzo:
- Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes e desempregados/as: 140 €.
- Resto: 150 €.

b) Despois do 15 de marzo:
 - Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes/as e desempregados/as: 145 €.
- Resto: 155 €.

3. Habitación individual: Ten un suplemento de 30 euros por noite.

4. Comidas (xantar ou ceas): Avisando con antelación cabe a posibilidade de facer algunha comida no mesmo Hotel onde se celebra o Encontro ao prezo de 16 euros.

Datos do Hotel:
Hotel Cidade de Vigo (catro estrelas). Rúa Concepción Arenal, nº 5. (centro de Vigo pegado ao porto deportivo). Na web do hotel aparecen planos da súa situación na cidade así como das súas instalacións. Tfno. 986 22 78 20. www.ciudaddevigo.com  

Inscrición e información:
-Información: organizacion@educadorespolapaz.org
-Inscricións: por correo postal, acompañadas do comprobante da entidade bancaria do pago e remitir a:
EDUCADORES POLA PAZ
Apdo. 577.
36200 VIGO

Conta a nome de:
Educadores pola Paz Nº: 2080.0000.71.0040194535 de Caixanova (Oficina principal) en Vigo.




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com