|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
Despois de celebrado o I Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego no ano 2003, esta segunda edición ten como obxectivo servir de punto de encontro aos investigadores que estudan o patrimonio etnolóxico común a Galiza e Portugal. Preténdese, igualmente, que o profesorado participe deste debate como sector privilexiado para conseguir que os mozos e mozas o coñezan e o valoren.
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
Actividade coorganizada coa Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo e co Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo" da Deputación de Ourense
Título da actividade: II CONGRESO DE PATRIMONIO. O PATRIMONIO NO SÉCULO XXI. NO CENTENARIO DE XAQUÍN LORENZO
Datas de celebración: 23, 24, 25, 26 e 28 de abril de 2008
Lugar de celebración: OURENSE Facultade de Ciencias da Educación
Cota de inscrición: - Socios/as de NEG e das entidades coorganizadoras, estudantes e desempregados/as: 10 €. - Matrícula ordinaria: 20 €. A cota de inscrición inclúe os desprazamentos en autobús a Vilanova, Celanova, Vilar de Santos e Allariz, así como as visitas aos museos e a comida do sábado. día 26 de abril.
Forma de pagamento: Conta de Caixa Galicia núm. 2091-0300-45-3040089500. Concepto: "II Congreso de Patrimonio" (Indicar nome e apelidos)
Inscrición: Achega do boletín de inscrición, xunto co xustificante de pagamento á Secretaría Técnica, no enderezo seguinte: Facultade de Ciencias da Educación (Conserxería). Avda. Castelao, s/n. 32004 Ourense. Tamén pode realizarse por fax ao núm. 988 387 159.
Prazo de inscrición: Desde o 1 de marzo ata o 18 de abril.
Horas de formación: 24 horas por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 2 créditos de libre configuración por parte da Universidade de Vigo.
|
|
|
|