Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2008 II Congreso Ibérico "A fenda dixital" 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Programa

Presentación
II CONGRESO IBÉRICO "A FENDA DIXITAL. AS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN (TIC), ENTRE A ESCOLA E A COMUNIDADE”

SILLEDA, 21, 22 e 23 de novembro de 2008

A través do II CONGRESO IBERICO, preténdese crear un espazo de encontro entre os profesionais de Galicia e Portugal arredor do estado actual das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC), nos contextos escolares e non escolares.
Dun xeito específico, no desenvolvemento deste congreso queremos analizar as posibilidades que ofrecen as TIC na conexión e traballo colaborativo entre a escola e a comunidade.
Igualmente é un obxectivo importante deste congreso reflexionar sobre o significado das TIC en contextos educativos “non formais” onde as TIC están desempeñando un papel fundamental na educación e integración dos cidadáns na sociedade. Así mesmo, queremos prestar especial atención neste congreso a coñecer aquelas experiencias nas que as TIC están a desenvolver un papel fundamental na integración da diversidade de colectivos sociais. 
                                                    Paula Fernández Pena 
                                                   ALCALDESA DE SILLEDA


Obxectivos
  • Reflexionar acerca das actividades que se están realizando coas TIC tanto no contexto Galego como Portugués.
  • Crear un espazo de experiencias e intercambio entre o profesorado de Galicia e Portugal que se están levando a cabo arredor das TIC nos diferentes tipos de centros: Centros Educativos, Escolas Unitarias, Centros Rurais Agrupados, Centros Integrados, etc. 
  • Discutir e reflexionar acerca dos principais retos que dende o punto de vista didáctico e curricular terán que enfrontarse coas TIC nos próximos anos. 
  • Analizar o xeito en que as TIC poden contribuir á igualdade ou desigualdade nos centros educativos. 
  • Identificar os problemas que se lle están formulando ó profesorado na introducción das TIC.
  • Favorecer un encontro entre os diferentes colectivos: Centros de Formación, Concellos, Universidades.... de cara a formular propostas de mellora. 
  • Reflexionar acerca das TIC en relación cos outros recursos e identificar as súas principais semellanzas e diferenzas no seu uso.


Documentación

Ficha técnica
Título da actividade:
II Congreso Ibérico sobre A fenda dixital: as TIC entre a escola e a comunidade.

Datas de celebración:
21, 22 e 23 de Novembro do 2008.

Lugar de celebración:
Casa de Cultura do Concello de Silleda.

Destinatarios/as:

  • Profesorado dos diferentes niveis o Ensino: Infantil, Primaria e Secundaria.
  • Número máximo de participantes:
    90, por rigorosa orde de inscrición.

    Núm. de horas formación:
    16
    (homologación da Consellería de Educación en trámite).

    Cotas de inscrición:
    Ata o 31 de outubro de 2008
    Ordinaria: 30 €
    Socios/as de NEG e Titulados/as Universitarias/os en demanda de emprego: 15 €

    Desde o 1 de novembro de 2008
    Ordinaria: 40€
    Socios/as de NEG e Titulados/as Universitarias/os en demanda de emprego: 20 €

    Forma de pagamento:
    Entrega ou transferencia bancaria á conta en LA CAIXA de Silleda 2100-6255-31-0200005409 IBAN ES: 952100-6255-31-02000054094.

    Inscrición:
    Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento e xustificante da condición de parado/a, estudante ou membro de NEG.





    Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com