|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
A nova cita das educadoras e educadores pola paz portugueses e galegos, así como doutras terras que nos adoitan acompañar, está xa programada. Será en Lugo, cidade senlleira na que agromou a semente da paz. Vai ser unha edición especial, a primeira coa grande ausencia de Suso Jares, alma destes Encontros. Por iso, seguindo a súa liña de traballo e dada a problemática actual, imos adicar unha vez máis os Encontros á Educación para a cidadanía e os dereitos humanos.
Agardamos a vosa presenza e participación activa nesta nova cita. Ata abril, mes da liberdade e da paz, en Lugo.
(Máis información na web de Educadores/as pola Paz)
|
|
|
|
 | Ficha técnica |  |
Título da actividade: XXIII Encontro Galego-Portugués de Educadores pola Paz
Organizan: Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ) Educadores/as pola Paz - Nova Escola Galega (NEG) Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña (UDC) Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Movimento dos Educadores pela Paz de Portugal (MEP)
Colaboran: Caixanova Concello de Lugo-Educación
Datas de celebración: 24-26 de Abril de 2009
Lugar de celebración: Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo da USC (Maxisterio)
Certificacións: Homologación en trámite por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación de 12 horas.
Cotas de inscrición: 1. Matrícula e pensión completa a fin de semana en cuarto duplo no Gran Hotel de Lugo (catro estrelas), na Avda. de Ramón Ferreiro, 21. Tfno. 982 22 41 52. A cinco minutos do casco histórico. Na web do hotel aparecen planos da súa situación na cidade así como das súas instalacións. www.gh-hoteles.com
- Socios/as de NEG; socios/as do MEP e desempregados/as: 125 €. - Resto de persoas: 130 €. - Para facilitar o aloxamento ao maior número de persoas, non haberá habitacións individuais, agás posíbeis casos excepcionais, cun suplemento de 75€. Só se garantiza o aloxamento e prezo neste hotel para as inscricións feitas antes do 23 de marzo. A partir desta data, a organización non xestionará hotel.
2. Só matrícula:
a) Ata o día 23 de marzo: - Socios/as de NEG; socios/as do MEP e desempregados/as: 35 €.** - Resto de persoas: 40 €.**
b) Despois do 23 de marzo: - Socios/as de NEG; socios/as do MEP e desempregados/as: 40 €.** - Resto de persoas: 45 €.**
**Ceas/Jantares: Se se desexa participar nalgunha cea, debe indicarse o día (ou días), venres e/ou sábado, no apartado correspondente da ficha de inscrición e facer o ingreso coa matrícula (18 € por cea).
Información, inscricións e pagamento: -Informacións: agappaz@mundo-r.com, neg@mundo-r.com -Inscricións: por correo electrónico ou correo postal, acompañadas do comprobante da entidade bancaria do pagamento a:
A) PORTUGAL: EB1 nº 4 do Barreiro, Rua Professor Joaquim Vicente França, nº 103, 2830 Barreiro (Portugal) Tfno:. 212 156 303 (Helena Proença) Correio electrónico: helena.proenca@hotmail.com ou helena.m.proenca@gmail.com CONTA nº: 0141 091813300 da Caixa Geral de Depósitos (Barreiro – Portugal) NIB: 003501410009181330087 da Caixa Geral de Depósitos (Barreiro-Portugal)
B) GALIZA: Educadores pola paz-Nova Escola Galega (NEG) Apdo. 586. 15700 SANTIAGO DE COMPOSTELA Tel./Fax: 981 56 25 77 (Nova Escola Galega) Correo-e: neg@mundo-r.com CONTA nº 2091 0300 45 3040089500 da Caixa Galicia
|
|
|
|