|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
 | Prensa |  |
|
 | Presentación |  |
A Asociación Cultural Sine Nómine está formada por profesorado fundamentalmente de Xeografía e Historia e Ciencias Sociais de ensino secundario e universitario, que se sente preocupado pola historia do presente e por como esta historia pode ser explicada nas aulas desde unha perspectiva crítica. Na actualidade non hai que esquecer o revisionismo histórico que nos invade e a utilización política que se fai da mesma.
Desde esta perspectiva está na intención da Asociación facilitarlle ao profesorado ferramentas de traballo para que nas aulas incorpore tanto o cine documental como unha aprendizaxe dinámica e aberta ao diálogo cos rapaces e rapazas. Esta é a razón pola cal tanto os documentais como as películas escollidas tratan sempre dunha problemática candente, actual e que promove unha mirada crítica á historia que nos ocupa.
No desenvolvemento da actividade, cada documental vai acompañado dunha conferencia impartida por persoas expertas na materia, capaces de abrir horizontes de pensamento, discusión e reflexión, imprescindibles para que o profesorado poida apoiarse en argumentos sólidos á hora de traballar o tema na clase. De cara ao alumnado tamén se entregará material didáctico que facilite a preparación da clase correspondente.
A actividade é froito dun convenio asinado por Sine Nómine e Nova Escola Galega, sendo tamén un dos obxectivos do mesmo abrir esta actividade ao profesorado de ensino primario en xeral e a outros profesionais da educación que, non traballando estritamente as Ciencias Sociais, poidan estar interesados ou interesadas nesta experiencia.
Obxectivos previstos: 1. Poñer da manifesto a importancia de introducir nos currícula os problemas do mundo actual. 2. Concienciar o profesorado da necesidade de transmitir nas aulas valores como a solidariedade, a tolerancia, etc. 3. Sensibilizar os asistentes da posibilidade do uso do cine como material de traballo na aula. 4. Dotar o profesorado de materiais concretos relacionados co currículo da materia de Historia Contemporánea. 5. Actualizar coñecementos e presentar un estado da cuestión dende o punto de vista historiográfico sobre algúns aspectos do currículo da materia de Historia Contemporánea. 6. Facilitar o encontro entre o profesorado de Primaria e Secundaria e as persoas que traballan no mundo da realización de documentais. 7. Influír nos asistentes para mobilizar as ideas e espertar o espírito crítico diante de problemas que por seren coñecidos, ás veces non son obxecto da debida reflexión.
(máis información)
|
|
|
|
 | A Asociación Cultural Sine Nomine |  |
 | Ficha técnica |  |
ACTIVIDADE COORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN CULTURAL SINE NOMINE E POR NOVA ESCOLA GALEGA
Título da actividade: V Ciclo de Cine e Historia: "En Transición"
Datas de celebración: 13, 19, 20 e 26 de outubro, e 3 de novembro de 2011
Lugar de celebración: FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (Campus Norte - Santiago).
Destinatarios/as: Profesorado de Ensino Secundario do ámbito das Ciencias Sociais. Profesorado de Ensino Primario e Secundario en xeral. Profesorado dos distintos niveis educativos e outros profesionais da educación.
Nº máximo de participantes: 150, por rigorosa orde de inscrición
Nº de horas: 19 (homologación da Consellería de Educación en trámite)
Cotas de inscrición: Ata o 30 de setembro de 2011 Socios/as de Sine Nomine e de Nova Escola Galega: 15 €. Parados/as socios/as de Sine Nomine e de Nova Escola Galega: 10 € (é precisa xustificación documental). Parados non socios/as: 15 € (é precisa xustificación documental). Cota ordinaria: 35 €.
Desde o 1 de outubro de 2011 Socios/as de Sine Nomine e de Nova Escola Galega: 20 €. Parados/as socios/as de Sine Nomine e de Nova Escola Galega: 15 € (é precisa xustificación documental). Parados non socios/as: 20 € (é precisa xustificación documental). Cota ordinaria: 40 €.
Forma de pagamento: Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en NOVACAIXAGALICIA: 2080 – 0300 – 85 – 3040089500
Inscrición: Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento á sede de NEG
|
|
|
|