Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2009 As outras armas do franquismo 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Boletín de inscrición
Programa

Presentación

En Trives naceu en 1900 o poeta e mestre Manuel Luís Acuña, e en torno á súa figura véñense celebrando diversas actividades desde o centenario do seu nacemento, divulgando a súa obra literaria e o seu labor como educador renovador, que sería represaliado polo franquismo en 1936.
É importante manter vivo entre o maxisterio da comarca o recordo de tan ilustre veciño que tanto contribuíu á cultura galega do primeiro tercio de século e á renovación educativa que tivo o seu momento culminante na II República.
Por iso se celebra este curso, centrado este ano especialmente na represión sufrida despois da guerra civil, tanto por Luís Acuña como por outros mestres e intelectuais ourensáns e galegos.



Documentación

Ficha técnica

Título da actividade:

As outras armas do franquismo. 1939 - 2009: unha restrospectiva.


Datas de celebración
:

19, 20 e 21 de novembro do 2009


Lugar de celebración
:
A Prova de Trives.

Destinatarios/as
:
Profesorado dos diferentes niveis do ensino: Infantil, Primaria, Secundaria e un 30% de titulados en situación de desemprego.


Nº máximo de participantes
:

120, por rigorosa orde de inscrición.


Nº de horas
:

14 h. (homologación da Consellería de Educación en trámite).

 

Cotas de inscrición:

Ordinaria: 15 €

Socios/as de NEG, da Asociación Xudemecu, profesorado dos centros de Trives colaboradores do curso e titulados en demanda de emprego: 10 €

Despois do 15 de novembro:
Ordinaria: 25 €
Socios/as de NEG, da Asociación Xudemecu, profesorado dos centros de Trives colaboradores do curso e titulados en demanda de emprego: 15 €

Forma de pagamento:

Entrega ou transferencia bancaria á conta de NEG en Caixa Galicia  2091-0300-45-3040089500


Inscrición
:

Persoal en activo: Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento á conserxería da Facultade de Educación de Ourense ou ó seguinte correo electrónico: xcid@uvigo.es
Desempregados/as: preinscrición no correo xcalberte@yahoo.es





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com