Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2010 I Seminario sobre a Memoria: Os maquis na Vía Láctea 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Memoria do Seminario
Boletín de inscrición
Programa

Prensa
Galicia Hoxe, 21 novembro
Voz, 29 outubro

Un dos maquis bercianos participará no Seminario
Francisco Martínez, Quico, estará presente en Melide
Francisco Martínez, Quico, un dos últimos guerrilleiros vivos, estará presente activamente no I Seminario sobre a Memoria: Os maquis na Vía Láctea, que se celebrará en Melide os próximos 26 e 27 de novembro. Quico participou nas actividades guerrilleiras, dacabalo entre Galicia e León, desde os 17 anos, e conserva na actualidade unha lucidez e axilidade física extraordinarias que lle permiten seguir sendo unha testemuña de primeira man, absolutamente fundamental, para o coñecemento e a análise do papel dos maquis na loita contra a ditadura. Quico, que actualmente reside en Alacant, aceptou a invitación formulada pola organización para participar activamente no desenvolvemento do Seminario, tanto na súa parte teórica como -o cal non é menos significativo- no percorrido de campo sobre o terreo no que se moveu a guerrilla na Ribeira Sacra. Se queres acceder a unha breve referencia sobre a figura de Francisco Martínez, Quico, clica aquí   Ler máis

Presentación
Obxectivos da actividade
1. Identificar, analizar e explicar, situándoos no tempo e no espazo, os feitos, personaxes, problemas, etapas e procesos máis significativos dos movementos maquis en Galicia.
2. Distinguir e valorar os trazos permanentes dos procesos de transformación e cambio nos diferentes períodos, analizando o nacemento e solución na realidade de hoxe.
3. Situar este proceso histórico no contexto de España, Europa e o mundo.
4. Afondar na análise de diferentes aspectos básicos da evolución histórica de Galicia.
5. Contribuír ao desenvolvemento dunha sensibilidade comprometida, responsable e activa, coa democracia e os dereitos humanos.


Documentación
Conferencia de Xaquín Yebra. Parte 2
Conferencia de Xaquín Yebra. Parte 1
Francisco Martínez, Quico, a guerrilla en primeira persoa
Os maquis e Curuxás
Textos e propostas didácticas sobre os maquis
Lorenzo Varela e os maquis

Galerías fotográficas
Galería 3 (foto a foto)
Galería 3 (presentación)
Galería 2 (foto a foto)
Galería 2 (presentación)
Galería 1 (foto a foto)
Galería 1 (presentación)

Ficha técnica
Título da actividade:
I Seminario sobre a Memoria: Os maquis na Vía Láctea

Datas de celebración: 
26 e 27 de novembro de 2010.

Lugar de celebración: 
Instalacións do IES Melide.
Traballo de campo na contorna de Chantada.

Destinatarios/as: 
Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro. 

Número máximo de participantes:
50, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas: 
12 (homologación da Consellería de Educación en trámite).

Cotas de inscrición:
(A matrícula inclúe os traslados en autobús e os xantares de campo).

Ata o 23 de novembro de 2010
Socios/as de Nova Escola Galega:  20  €.
Parados/as:  30  €   (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria:  40  €.

Desde o 24 de novembro de 2010
Socios/as de Nova Escola Galega:  30  €.
Parados/as:  40  €   (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria:  50  €.

Forma de pagamento:
Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en CAIXA GALICIA: 2091 – 0300 – 45 – 3040089500

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com