|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
Este seminario ten unha intencionalidade práctica, a de tratar de proporcionar ao profesorado criterios que lle axuden a seleccionar e avaliar os recursos educativos tanto en soporte impreso como dixital. A actividade ofrece ao profesorado propostas e modelos de avaliación para analizar e seleccionar os diferentes tipos de materiais (libros de texto, guías didácticas, Cds, Webs, videoxogos, etc). As propostas de avaliación deste seminario estarán encamiñadas a analizar os distintos tipos de materiais didácticos dos que dispoñemos nos centros educativos dende un amplo abano de perspectivas e ámbitos. A avaliación dos materiais didácticos debe perseguir a selección e elaboración de materiais máis coherentes cun modelo e proxecto de escola. Así mesmo, debe servir para axudar a levar a cabo un uso máis coherente e crítico dos materiais en relación cos proxectos educativos e curriculares de centro. A avaliación debe levar aos profesionais tamén a repensar o significado dos materiais didácticos nos diferentes momentos do curso escolar e a comprender cales son as consecuencias que se derivan na práctica do uso que se realice dos mesmos.
Obxectivos: - Comprender a utilidade da avaliación dos materiais didácticos. - Favorecer a toma de decisións arredor de materiais curriculares no contexto escolar dun xeito crítico e construtivo. - Identificar as diferentes modalidades de guías e modelos de avaliación de recursos tanto en soporte impreso como en dixital. - Analizar e revisar as guías e modelos de avaliación, de utilidade práctica na toma de decisións, dos que poden dispoñer os profesores/as. - Aprender a utilizar as propostas de avaliación de materiais con diferentes características (CDs, libros de texto, páxs webs, vídeos, DVDs..). - Analizar colaborativamente os recursos didácticos.
Metodoloxía: AS SESIÓNS TEÓRICAS: A conferencia, o relatorio e a mesa redonda, servirán para axudarnos a situar a cuestión da avaliación no conxunto das tomas de decisións que poidamos adoptar en relación cos recursos. OS OBRADOIROS: Con estas sesións baseadas nunha metodoloxía activa, preténdese que o asistente teña a posibilidade de iniciarse no desenvolvemento práctico da avaliación sistemática dos materiais e recursos cos que conta para a súa actividade profesional diaria. O asistente terá a oportunidade de participar en dous obradoiros. En liñas xerais a estrutura dos obradoiros en cada unha das modalidades será a seguinte: Cada coordinador presentará modelos de avaliación cos que se conta para poder avaliar materiais aos que fai referencia, posteriormente realizará un achegamento detallado a unha das guías clarificando a súa estrutura, xeito de uso e funcionalidade. A continuación procederase a un desenvolvemento práctico co conxunto dos asistentes. Rematada esta sesión teórico-práctica procederase a unha posta en común (mesa redonda) dos resultados conseguidos, froito da análise dos materiais, e procederase a reflexionar sobre o que supuxo o proceso de avaliación dos recursos achegados polos asistentes.
|
|
|
|
 | Ficha técnica |  |
ACTIVIDADE COORGANIZADA POLO GRUPO DE TRABALLO CAVILA, DE NOVA ESCOLA GALEGA, POLO DEPARTAMENTO DE DIDÁCTICA E ORGANIZACIÓN ESCOLAR DA USC E POLA ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES
Título da actividade:
II Seminario-Obradoiro: "A avaliación dos materiais didácticos en soporte impreso e dixital"
Datas de celebración:
11 e 12 de marzo de 2011
Lugar de celebración:
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) - Santiago de Compostela
Destinatarios/as:
Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.
Nº máximo de participantes:
50, por rigorosa orde de inscrición.
Nº de horas:
12 h. (homologación da Consellería de Educación en trámite).
Cotas de inscrición:
Ordinaria: 40 € (a partir do 4 de marzo, 50 €).
Parados/as: 30 € (a partir do 4 de marzo, 40 €). Socios/as de NEG: 20 € (a partir do 4 de marzo, 30 €).
Forma de pagamento:
Transferencia bancaria á conta de NEG en Caixa Galicia 2091-0300-45-3040089500
Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento á sede nacional de NEG.
Prazo de inscrición:
Ata o 7 de marzo de 2011
|
|
|
|