Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2011 II Seminario sobre a Memoria: Os guerrilleiros na Vía Láctea Galaico-Berciana 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Memoria da actividade
Boletín de inscrición
Programa

Prensa
Xornal de Galicia, 6 xuño
Voz de Galicia, 31 maio
El Ideal Gallego, 20 maio
En Ponferrada, 29 abril
Infobierzo, 27 abril
Galicia Hoxe, 30 abril
Voz, 4 maio

Presentación
Xustificación
A convocatoria do Seminario pretende suxerirlles aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno da guerrilla que posibilite un mellor coñecemento do noso pasado máis recente. Tal pretensión arela provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os guerrilleiros contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, sen perder nunca a consciencia de cales son os dereitos e as obrigacións de cadaquén.

Obxectivos da actividade
1. Identificar, analizar e explicar, situándoos no tempo e no espazo, os feitos, personaxes, problemas, etapas e procesos máis significativos dos movementos guerrilleiros entre Galicia e o Bierzo.
2. Distinguir e valorar os trazos permanentes dos procesos de transformación e cambio nos diferentes períodos, analizándoos desde a realidade dos nosos días.
3. Situar este proceso histórico no contexto do Estado.
4. Estudar e analizar diferentes aspectos básicos da evolución histórica de Galicia.
5. Contribuír ao desenvolvemento dunha sensibilidade comprometida, responsable e activa coa democracia e os dereitos humanos.
6. Contribuír á consolidación de actitudes e hábitos de tolerancia e solidariedade entre os diversos pobos do Estado.

Acceso á última edición celebrada:

(máis información)

Documentación
Cartel da Asociación Malladina - Campablanca anunciando a actividade

Ficha técnica
Título da actividade:
II Seminario sobre a Memoria: Os guerrilleiros na Vía Láctea galaico-berciana

Datas de celebración: 
3, 4 e 5 de xuño de 2011.

Lugar de celebración: 
Instalacións do IES Melide.
Traballo de campo no Bierzo.

Destinatarios/as: 
Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro. 

Número máximo de participantes:
50, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas: 
20 (homologación da Consellería de Educación en trámite).

Cotas de inscrición:
(A matrícula inclúe os traslados en autobús e os xantares de campo).

Ata o 27 de maio de 2011
Socios/as de Nova Escola Galega:  30  €.
Parados/as:  40  €   (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria:  60  €.

Desde o 28 de maio de 2011
Socios/as de Nova Escola Galega:  40  €.
Parados/as:  50  €   (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria:  70  €.

Forma de pagamento:
Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en CAIXA GALICIA: 2091 – 0300 – 45 – 3040089500

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com