Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2012 IV Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Avaliación do Curso
Inscrición en liña
Ficha de inscrición
Programa
Plano da Illa de Arousa

Prensa
Faro de Vigo, 23 setembro
La Voz de Galicia, 23 setembro
La Voz de Galicia, 22 de setembro
La Voz de Galicia, 17 setembro
culturagalega.org, 13 setembro
Praza Pública, 13 setembro
Faro de Vigo, 13 setembro
La Voz de Galicia, 13 setembro
Diario de Arousa, 13 setembro

Presentación
IV CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO: PATRIMONIO LÚDICO COSTEIRO E EDUCACIÓN

Xogo de tradición cultural, xogo tradicional, xogo popular... é aquel xogo nacido no seo dunha determinada comunidade para dar satisfacción ás súas necesidades lúdicas, necesidades inevitablemente marcadas polo seu modo particular de vida. Os xogos tradicionais forman parte da cultura da comunidade en cuestión como creación propia e singular e son transmitidos de xeración en xeración, de pais a fillos, de avós a netos, implicando esta transmisión unha interrelación entre persoas adultas e nenos/as dun grande valor educativo.

O pobo galego foi quen de crear infinidade de maneiras de dar resposta ás súas propias necesidades lúdicas, ao tempo que tamén tivo a capacidade de transmitir esas creacións ás novas xeracións. O patrimonio lúdico galego é un dos máis ricos da Península Ibérica, e o proceso de recompilación e de divulgación dos xogos tradicionais galegos colleu certa forza nas últimas décadas pois, ademais de teren aparecido estudos que catalogan e analizan os xogos galegos, téñense posto en marcha iniciativas de recuperación desde moi variadas perspectivas, pero sobre todo desde o ámbito escolar.

No ano 2009, a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e Nova Escola Galega organizaron en Melide unha actividade de formación que pretendeu achegar o estudo do patrimonio lúdico ao ámbito educativo. A resposta obtida por aquela convocatoria téndose esgotado todas as prazas ofertadas, provocou que se concibise unha segunda edición do Curso no ano 2010, daquela centrada máis especificamente nalgunhas didácticas específicas, pero na que non se esqueceron perspectivas máis globais –institucións europeas, universitarias, gobernos locais, ámbitos empresarial...– co obxectivo de ir construíndo unha visión o máis completa posible dos procesos de recuperación dos patrimonios lúdicos nacionais.

A terceira edición da actividade, a do ano 2011, pretendeu xustamente afondar nalgúns aspectos apenas bosquexados nas precedentes, ao tempo que optaba por reservar espazos específicos para o coñecemento e a reflexión sobre algúns deportes tradicionais galegos. Precisamente para a práctica dalgunhas destas modalidades deportivas contouse cos propios xogadores-protagonistas da súa recuperación.

O IV Curso de Formación do Patrimonio Lúdico traslada o seu lugar de celebración para a Illa de Arousa, xustamente para darlles opcións ás prácticas lúdicas propias da costa de ter o protagonismo que a súa vixencia merece. Teñen cabida no concepto de patrimonio lúdico costeiro tanto as prácticas lúdicas tradicionais que teñen o mar como protagonista (as dornas, as traiñeiras, a cucaña de auga, os bateis...) como aquelas outras que, desenvolvéndose en terra, encontran nas áreas de costa formas especiais de concreción ou, en todo caso, variantes diferentes das que poden atoparse no interior do país (os birlos, a estornela...).

Acceso á última edición celebrada:

(máis información)

Documentación
Páxina web da Asociación Cultural e Deportiva Dorna
Blog da Asociación Cultural e Deportiva Dorna
Así é a dorna
A Dorna na cultura tradicional. Unidade didáctica da ACD Dorna
Valor educativo e pedagóxico dos xoguetes tradicionais (Xosé López - Xosé Manuel García)
Catalogación do brinquedo tradicional (do 'Tastarabás' de Antón Cortizas)
O xogo popular e tradicional como contido na Educación Física (Ramiro Piñeiro)
Montaxe sobre os xogos romanos de Fernando Lillo

Galería fotográfica
Acceso á galería fotográfica do Curso

A AGXPT

Ficha técnica
ACTIVIDADE COORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN GALEGA DO XOGO POPULAR E TRADICIONAL E POR NOVA ESCOLA GALEGA

Título da actividade:
IV CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO. "Patrimonio lúdico costeiro e educación".

Datas de celebración:
21 e 22 de setembro de 2012.

Lugar de celebración:
A Illa de Arousa

Destinatarios/as:
Profesorado de Ensino Primario e Secundario en xeral.
Educadores/as en xeral.

Número máximo de participantes:
80, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas:
12 (homologación da Consellería de Educación en trámite).

Cotas de inscrición:
(A matrícula inclúe seguro de navegación necesario para participar na aprendizaxe da navegación tradicional. NON SE ADMITIRÁN MATRÍCULAS DESPOIS DO 18 DE SETEMBRO)

Ata o 13 de setembro de 2012
Ordinaria: 50 €
Parados/as e estudantes: 40 €
Socios/as de NEG: 30 €

Desde o 14 de setembro de 2012
Ordinaria: 60 €
Parados/as e estudantes: 50 €
Socios/as de NEG: 40 €

Forma de pagamento:
Transferencia bancaria á conta da AGXPT en NovaGalicia Banco 2080 – 0337 – 14 – 3040006072

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com