Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2013 IV Seminario-Obradoiro de Avaliación de Materiais. O proxecto Abalar. Cara a onde? 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
LISTAXES PROVISIONAIS OBRADOIROS
Inscrición en liña
Boletín de inscrición
Díptico da actividade - Programa

Presentación
IV Seminario-Obradoiro de Avaliación de Materiais. O proxecto Abalar. Cara a onde?

O carácter innovador e emprendedor que ten para o profesorado o Seminario Obradoiro de avaliación de materiais didácticos fai que nos formulemos continuar coa súa realización nunha 4ª edición, onde a/o protagonista da formación volve ser a/o docente.
Trátase dunha actividade que ofrece diferentes propostas e modelos de avaliación de recursos (libros de texto, guías, videoxogos, xoguetes, materiais escolares, etc.) desde diferentes perspectivas e ámbitos do desenvolvemento pedagóxico.
A intencionalidade final é ofrecer ferramentas de acción que o profesorado utiliza no mesmo momento de realizar o seminario-obradorio, no que nos preguntamos polos propios materiais que utilizamos e as consecuencias que se derivan da súa práctica reflexiva nas aulas.

OBXECTIVOS:
- Comprender a utilidade de avaliar os materiais didácticos.
- Favorecer a toma de decisións ao redor de materiais curriculares no contexto escolar dun xeito crítico e construtivo.
- Identificar as diferentes modalidades de guías e de modelos de avaliación dos materiais didácticos.
- Analizar e revisar as guías e modelos de avaliación dos que poden dispoñer os profesores/as de utilidade práctica na toma de decisións.
- Aprender a utilizar as propostas de avaliación de distintos tipos de materiais.
- Analizar colaborativamente os recursos didácticos.

METODOLOXÍA do SEMINARIO:
AS SESIÓNS TEÓRICAS:
A conferencia, o relatorio e a mesa redonda servirán para axudarnos a situar a cuestión da avaliación no conxunto das tomas de decisións que poidamos adoptar en relación cos recursos.
OS OBRADOIROS:
Son sesións participativas, onde a/o asistente ten a posibilidade de iniciarse no de-senvolvemento práctico da avaliación de materiais a partir de modelos e dunha selección de criterios científicos para o procedemento de análise de materiais e recursos propios da actividade diaria. Pode achegar materiais relacionados co seminario ao que asiste.


Documentación
Recurso dixital do obradoiro "A imaxe das persoas maiores nos materiais didácticos". Guía dixital de análise para o profesorado.

Ficha técnica
DESTINATARIOS/AS:
- Profesorado (Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional).
- Desempregados/as.
NÚMERO MÁX. DE PARTICIPANTES: 56 (13 deles poderán ser desempregados/as).
HORAS:12 (Solicitada a homologación pola Consellería de Educación e OU)
CUSTO: Ata o 14/01/13: matrícula ordinaria (40 €); Parados/as (30 €); Socias/os (20 €). Desde o 15/01/13: matrícula ordinaria (50 €); Parados/as (40 €); Socias/os (30 €). Deberase acreditar, no seu caso, a condición de desempregados/as ou membros de NEG.
PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o día 15/02/2013. 
INSCRICIÓNS: Enviarase cuberto o formulario da inscrición (www.nova-escola-galega.org), xunto coa copia do ingreso bancario (no que figuren nome, apelidos e D.N.I.) ao enderezo ou ao correo-e sinalados a continuación:
Nova Escola Galega
San Clemente 18-baixo
15705 Santiago de Compostela
Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com

Ingresar na conta de NOVAGALICIA BANCO: 2080–0300–85–3040089500




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com