XXVII ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ. A educación emocional en tempos de crise
Viana do Bolo 26, 27 e 28 de abril (IES Carlos Casares)
DESTINATARIOS: Profesorado do ensino público e privado e desempregados/as.
NÚMERO MÁX. DE PARTICIPANTES: 150
HORAS:16 (Solicitada a homologación pola Consellería de Educación e OU)
CUSTE: Ata o 10/04/13: Só matrícula: Ordinaria (50 e); Socios/as de NEG e do MEP, desempregados/as (40 e). Matrícula e aloxamento: Ordinaria (90 e); Socios/as de NEG e do MEP, desempregados/as (80 e)
Desde o 10/04/13: A partir desta data, a organización non xestionará aloxamento. Matrícula única (60 e). Deberase acreditar, no seu caso, a condición de desempregados/as ou membros de NEG ou do MEP.
*A organización ten xestionadas as comidas para todos os Encontros. Se queres apuntarte, faino xunto coa inscrición.O PAGO farase no momento da recollida da documentación: 30 euros. €
*Haberá un espazo infantil atendido por unha educadora durante o tempo da mesa redonda do venres e a charla do sábado. Quen precise usar deste servizo debe abonar a maiores 10 euros por crianza. Informar na inscrición do nome e idade de cada nena/o.
ENVÍO DE INSCRICIÓNS:
Enviarase cuberto o formulario da inscrición xunto coa copia do ingreso bancario (no que figuren nome, apelidos e D.N.I.) ao enderezo ou ao correo-e sinalados a continuación:
Nova Escola Galega
San Clemente 18-baixo
15705 Santiago de Compostela
Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com
CONTA GALICIA: NEG 2080 – 0300 – 85 – 3040089500 (Novagalicia Banco)
CONTA PORTUGAL: APAP NIF: 507210085
NIB: 001800031066653502080 – Banco Santander Totta