|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
Nestas novenas xornadas interxeracionais rurais pretendemos seguir constituíndo un espazo de reflexión e debate para as persoas maiores deste municipio.
Trátase dunhas xornadas que van dirixidas fundamentalmente aos nosos maiores e nas que queremos ofrecerlles charlas, presentacións de ofertas de programas, visitas e festas culturais. Pero tamén se trata dunhas xornadas pensadas para que mozos e maiores poidan desenvolver un traballo conxunto, xa que un dos grandes desexos e legados dos nosos maiores é que sexan escoitados e podernos transmitir todo o que aprenderon durante a súa vida.
Para iso estamos ante unhas xornadas abertas nas que queremos contar cos máis novos. Así mesmo, pretendemos ofrecer actividades aos maiores que lles permitan seguir aprendendo cousas que poidan resultarlles útiles e interesantes.
A actividade está recoñecida con un crédito de libre configuración para todas as titulacións das Universidades de Santiago.
Acceso á última edición celebrada
(máis información)
|
|
|
|
 | Ficha técnica |  |
Título da actividade: IX XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS "APRENDENDO DOS NOSOS MAIORES"
Datas de celebración: 25 de maio, 1 e 8 de xuño de 2013
Lugar de celebración: CABREIROS - Xermade A Terra Chá
Inscrición: Achega do boletín de inscrición á Asociación de Veciños de Cabreiros (Casa-Escola do Chao, 27834 Cabreiros - Xermade (Lugo), ou á sede de calquera asociación do Concello de Xermade, antes do 20 de maio de 2013.
Recoñecemento de formación: Entregarase certificado acreditativo de participación nas Xornadas, equivalente a 1 crédito de libre configuración, ao alumnado de todas as titulacións da USC. Entregarase un certificado de participación nas Xornadas a todos os asistentes.
|
|
|
|