Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2013 Respirando alegría - Ioga da risa 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Presentación
Este obradoiro impartido por Ángel Sánchez, profesor de Ioga e Dinamizador, pretende ser o punto de partida dun proceso de formación-investigación máis amplo que se realizará durante o vindeiro curso.

É un obradoiro ideal para sorprenderte xogando e gozando da túa risa. Para que afrouxes e vivas plenamente sensacións emocionantes, que te farán sentir marabillosa/o, xa que todas/os temos algo moi especial no noso interior. Facilitarémosche as ferramentas para que poidas expresalo e vivilo, sen tensións e dun xeito lúdico.

1º Obxectivo

Presentar de xeito lúdico e vivencial unha proposta de Formación ó longo do vindeiro curso 2013- 2014. Un programa, o Re.Cursos, que pretende ser un espazo formativo no que abordaremos - practicaremos dinámicas derivadas do Ioga e outras técnicas de expresión Holísticas.

O programa Re.Cursos xerará un grupo de práctica e investigación con varios obxectivos, que se definirán conxuntamente coas participantes no mesmo.

Os/as participantes disporán da posibilidade de titoría e seguimento na implementación dos diferentes recursos no seu centro o espazo educativo.


2º Obxectivo

· Realizar unha sesión Vivencial para contactar co Método e recoller as necesidades das interesadas en participar no vindeiro curso no programa Re.Cursos.

· Eliminar tensións, liberándonos de niveis de estrés nocivos.

· Propiciar a vivencia da risa auténtica, sanadora.


· Aumentar a autoestima das persoas participantes.

· Potenciar a capacidade creativa e de compromiso cunha mesma.

· Espertar a Conciencia do "aquí agora".

· Desenvolver a capacidade creativa.


Contidos

· Respiracións da Risa.

· Dinámicas xeradoras de risas sanadoras.

· Posturas propiciadoras.

· Exercicios psicofísicos preparatorios.

· Escondites e hosos da Risa.

· Risas autoxestionadas.

· Riso Interior.

· Como prepararse á risa activa.

· Algúns tipos de risas.

· Beneficios saudabres e terapéuticos da risa (físicos, psíquicos, mentais, sociais, espirituais...).


Documentación

Ficha técnica
RESPIRANDO ALEGRÍA_IOGA DA RISA

- Data de celebración: 8 de xuño do 2013

- Horario: 10:15 h. a 13:45h.

- Lugar: Centro Sociocultural Castiñeiriño (Rúa Virxe de Fátima, 1. Santiago de Compostela)

- Inscricións (nome, apelido, DNI e teléfono) +comprobante bancario.- Antes do 6 de xuño: neg@mundo-r.com

- Ingresos: 2080 0300 85 3040089500  Novagalicia Banco (Titular: Nova Escola Galega)

- Prezo: socios/as NEG 30€ // Non socios/as 40€

É IMPORTANTE VIR CON ROUPA CÓMODA E UNHA MANTIÑA PARA REALIZAR AS ACTIVIDADES.




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com