|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
DESCRICIÓN XERAL DA ACTIVIDADE O Seminario Obradoiro de avaliación de materiais didácticos vai pola súa 5ª edición. O seu carácter innovador e emprendedor constitúe unha necesidade formativa para a/o docente actual. É unha actividade con distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixido aos distintos ámbitos de ensino. Procuramos ofrecer ferramentas de acción que o profesorado utilice no mesmo momento de realizar esta actividade formativa, cuestionando os propios materiais e o uso que se deriva da súa práctica reflexiva nas aulas.
OBXECTIVOS DE AVALIACIÓN - Coñecer e usar guías de materiais educativos. - Avaliar os materiais didácticos a través de distintos modelos de avaliación. - Tomar decisións construtivas respecto dos materiais educativos no propio contexto. - Tomar en valor os recursos educativos das principais editoriais en Galicia.
METODOLOXÍA DO SEMINARIO Sesións teóricas: Conferencia, relatorio a mesa redonda; que servirán para situar a cuestión da avaliación no conxunto da toma de decisión en función dos recursos dispoñibles.
Obradoiros: De modalidade rotatoria (para poder asistir a 2 deles) e cun número limitado de participantes por obradoiro. Son sesións participativas, onde o asistente se inicia no desenvolvemento práctico da avaliación de materiais a partir de modelos con criterios científicos para o procedemento de análise de materiais e recursos educativos da actividade diaria. Nestas sesións o asistente pode achegar materiais propios.
(Acceso á última edición celebrada)
|
|
|
|
 | Ficha técnica |  |
DESTINATARIOS/AS Familias, docentes, estudantes de ensinanzas universitarias, educadores e educadoras sociais, profesionais do ámbito do ensino...
DATAS DE CELEBRACIÓN 21 e 22 de febreiro de 2014
LUGAR DE CELEBRACIÓN Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida - Universidade de Santiago) ASISTENTES 80 persoas, como máximo.
DURACIÓN 12 h. CUSTO DA MATRÍCULA Ata o 09/02/14: Matrícula ordinaria: 40 €. Parados/as: 30 € (é precisa xustificación documental). Socios/as: 20 €.
Desde o 10/02/14: Matrícula ordinaria: 50 €. Parados/as: 40 € (é precisa xustificación documental). Socios/as: 30 €.
INSCRICIÓNS Enviarase cuberto, en liña, o formulario da inscrición. Por correo postal ou electrónico, ou por fax, enviarase copia do ingreso bancario (indicar nome, apelidos e DNI) a:
Nova Escola Galega, r/ San Clemente 18, baixo. 15705, Santiago de Compostela.
Telf./Fax: 981562577.
Correo-e: neg@mundo-r.com.
O ingreso realizarase na conta de NEG en NOVAGALICIA BANCO. Núm. de conta: 2080 – 0300 – 85 – 3040089500
|
|
|
|