|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
Despois dos congresos sobre patrimonio inmaterial, organizados polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación Provincial de Ourense, no ano 2003, e polo mesmo Centro en colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación e coa Asociación Nova Escola Galega, en 2007, 2009 e 2011, coa publicación das actas correspondentes, pretendemos darlle continuidade a este evento, coa participación destas e outras institucións implicadas na temática proposta nesta edición. O cerne desta iniciativa é fomentar a visibilización do patrimonio inmaterial e da súa riqueza na Galicia interior, así como presentar novas prácticas para a súa difusión e inmersión nos programas educativos. O congreso preséntase deste xeito como un foro de debate e participación, do que se poidan extraer conclusións para a posta en práctica de novos xeitos de coñecer, recuperar, valorar e transmitir o patrimonio común.
OBXECTIVOS:
1. Fomentar no Profesorado e Educadores o afán polo coñecemento da cultura propia.
2. Coñecer as boas prácticas do Patrimonio para transmitir ao alumnado.
3. Fomentar o coñecemento, respecto e utilidade educativa do patrimonio cultural galego.
4. Motivar cara á recuperación da cultura popular galega.
5. Dar a coñecer importantes recursos educativos da comunidade para levar a cabo unha educación patrimonial.
6. Fomentar o traballo investigador da realidade do patrimonio etnográfico galego e a súa proxección internacional.
TEMAS:
- O oficio de afiar.
- Os oficios como patrimonio cultural.
- A lingua e os oficios: as falas gremiais.
- Educación, patrimonio inmaterial e oficios.
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
V CONGRESO DE PATRIMONIO ETNOGRÁFICO. II INTERNACIONAL. "O afiado e outras técnicas artesanais de comunidades rurais" Ourense, Facultade de C. da Educación. 9-13 de outubro de 2014
FICHA DE INSCRICIÓN: incluída no programa. Descargar do apartado de "secretaría" (columna da esquerda) e seguir as instrucións.
NORMAS PARA ENVÍOS DE RELATORIOS: consultar programa. Descargar do apartado de "secretaría" (columna da esquerda) e seguir as instrucións.
|
|
|
|