Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2014 Xornadas de Educación Pública. Experiencias a favor da convivencia 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- BOLETÍN DE INSCRICIÓN
- PROGRAMA

Presentación

 

 

 

 

 

 

 

 

Nestes tempos de cambio na normativa educativa e de análise de resultados de estudios como PISA e as avaliacións de diagnóstico, de tantas opinións diferentes sobre cómo reforzar a motivación do alumnado e aumentar o seu interese por aprender, coñecer outras formas de aprender dentro da aula pode supoñer unha alternativa interesante para o profesorado.

Se ademais, estas alternativas van ligadas á educación en valores, ó traballo cooperativo e ó desenvolvemento de accións de servizo  á comunidade, así como a intervención dos propios alumnos na solución a de conflitos (alumnado axudante), vemos que nunha mesma actividade aglutinamos distintos frontes da acción educativa que se están a mostrar  como vías poderosas para avanzar no ensino formal e na formación persoal dos alumnos.

Por esta razón, presentamos ó profesorado tres iniciativas distintas que se están a desenvolver en centros do territorio nacional: Alumnado axudante, Aprendizaxe cooperativa e Aprendizaxe e Servizo.

A Aprendizaxe Cooperativa é unha metodoloxía de traballo que busca mellorar o rendemento académico de todos os estudantes, promovendo aprendizaxes de mellor calidade, ó tempo que contribúe ó seu desenvolvemento persoal e social.

Os estudantes traballan en grupos pequenos nos que se estrutura pormenorizadamente a forma en que teñen que cooperar.

Os seus resultados teñen sido estudados e valorados moi positivamente tanto no desenvolvemento  académico como persoal e social dos estudantes.

O alumnado axudante é unha figura que favorece a integración e as relacións no  centro, porque de forma espontánea pasan a ser membros activos e comprometidos coa convivencia, resolvendo e previndo os conflitos, acompañando ós compañeiros que teñen algún problema (académicos, persoais ou de relación) e dinamizando actividades non académicas. Este liderado pro-activo favorece o modelado positivo, a participación  e o bo clima do centro xa que senta as bases do diálogo e da colaboración entre iguais.

Pola súa parte, a Aprendizaxe  e Servizo é unha metodoloxía de traballo na aula que facilita a aprendizaxe dos contidos que se imparten nas diferentes materias a través da realización dun servizo solidario no entorno do centro educativo. O servizo solidario realiza se con entidades locais, planifican se as tarefas que se van a realizan co alumnado e na clase se vinculan as aprendizaxes coa realización dese servizo. A APS conta cunha serie de procesos nos que se busca o protagonismo do alumnado, que comezan coa planificación e terminan coa celebración e difusión da experiencia.

 Obxectivos

1.      Educar na tolerancia, a solidariedade e a solución pacífica de conflitos.

2.      Converter as situacións conflitivas que se viven diariamente na aula e no centro en oportunidades de aprendizaxe.

3.      Mellorar o clima de traballo na aula con iniciativas diferentes.

4.      Coñecer estratexias para afrontar a disrupción e as condutas  contrarias á convivencia.

5.      Presentar e coñecer de cerca o traballo cooperativo .



Documentación

Ficha técnica

Xornadas de educación pública. Experiencias a favor da convivencia
7 e 8 de novembro de 2014- Lugo (Museo Provincial- Praza da Soidade)

- Cota de inscrición: 15 euros.
- Homologación: 12 horas de

- FICHAS DE INSCRICIÓN:

Enviar por correo electrónico a neg@mundo-r.com xunto co xustificante de ingreso

- CONTA DE INGRESO: ABANCA IBAN ES77 2080 0300 8530 4008 9500




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com