|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
DESCRICIÓN XERAL DA ACTIVIDADE
Esta primeira edición das NEG-Xonradas de Cultura Tradicional e Educación nacen para reforzar as iniciativas que se levan desenvolvendo desde hai anos no noso país arredor do patrimonio, tanto material como inmaterial. A nosa intención é abrir novos campos, ou se cadra darlle valor a algúns menos coñecidos, de difusión da nosa cultura. Este é o caso do ensino regrado, onde xa se vén avanzando, pero aínda de maneira discreta. Deste xeito, procuramos aportar coñecementos e ferramentas para que o profesorado en activo poida ver na cultura tradicional un recurso para o uso cotiá na súas aulas, procurando facer as aprendizaxes máis contextualizadas.
OBXECTIVOS DE AVALIACIÓN
- Poñer en valor aquelas experiecias que se desenvolven na actualidade nas aulas galegas. - Valorar diferentes recursos educativos existentes en relación á cultura tracicional. - Coñecer o sentido de introducir este tipo de prácticas vinculadas á cultura tradicional na escola. - Constituír novos núcleos de dinamización do patrimonio inmaterial galego desde os centros educativos.
METODOLOXÍA
- Sesións teóricas: conferencias, relatorio e paneis; que servirán para analizar o estado da cultura tradicional no ensino, así como as súas potencialidades neste senso. - Obradoiros: estas sesións teñen por finalidade que o asistente coñeza de primeira man os recursos existentes para traballar a cultura tradicional na escola, concretamente baile e música tradicional.
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
"I NEG- Xornadas de educación e cultura tradicional" Teo (Casa Común Marisa Mirás- Calo), 21, 22 e 23 de xaneiro de 2015
Matrícula: - Socios/as de NEG e membros da comunidade educativa do concello de Teo: 20 € - Desempregados/as: 25 € - Matrícula ordinaria: 30 €
Enviar a ficha de inscrición xunto co xustificante de pagamento a: neg@mundo-r.com Ou ó enderezo postal: Nova Escola Galega- R/ das Hedras, 4-2O. 15895 Novo Milladoiro- Ames
Conta de ingreso: ABANCA ES77 2080 0300 85 3040089500 (titular Nova Escola Galega). Concepto: I Xornadas tradicional Prazo de inscrición: ata o 16 de xaneiro. Prazas limitadas. Homologación: tramitada a homologación de 12 horas de formación pola Consellería de Educación.
|
|
|
|