Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2015 XXIX ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- Programa da actividade
- Información sobre aloxamento
- Folla de inscrición

Presentación

Desde o grupo de traballo de NEG “Educadoras e Educadores pola Paz” consideramos prioritario dedicar o Encontro deste ano ao tema chave da "Convivencia e Benestar para o Século XXI: Experiencias e Recursos", pois non cabe dúbida que a convivencia nun mundo cada vez máis interconectado implica non só desafíos considerábeis —tales como o continuado derribo neoliberal dos Estados de Benestar e das súas proteccións contra as desigualdades económicas, lingüísticas e sociais en xeral, ou as acepcións da "convivencia" que a asemellan á disciplina e o castigo— senón tamén, iso si, formas positivas de enriquecemento cultural transfronteirizo.

Esta complexa realidade actual brinda valiosas oportunidades para repensarmos as alternativas da vida en común e o poder transformador das accións educadoras comprometidas cun mundo máis xusto, igualitario, sustentábel, harmónico e pacífico.

Neste Encontro afondaremos en innovadoras perspectivas, ferramentas e dinámicas educativas dirixidas á consecución dun benestar común óptimo, libre das múltiples expresións da violencia. Entre outras temáticas, abordaremos: a titoría entre iguais, planos de convivencia escolar, o fomento de redes locais de resposta social de base, a colaboración intersectorial, o sociodrama, as prácticas restaurativas, a música, a danza e a creación artística e literaria.

Vós tamén podedes aportar ideas e experiencias (consultade o programa). Outro mundo é posíbel; comeza coa nosa firme decisión conxunta de promover unha Cultura de Paz transversal. Vémonos en Chantada!

 



XXIX ENCONTRO

Ficha técnica

XXIX ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ. Convivencia e benestar para o século XXI: Experiencias e recursos

Chantada, 24, 25 e 26 de abril de 2015
Actividade homologada con 16 horas de formación

Matrícula

Ata o 31 de marzo:

-       Asociadas/os NEG, asociadas/os MEP, desempregadas/os e xubiladas/os: 20€

-       Cota ordinaria: 30€

Dende o 1 de abril:

-       Asociadas/os NEG, asociadas/os MEP, desempregadas/os e xubiladas/os: 30€

-       Cota ordinaria: 40€

Matrícula + xantares e ceas: prezo de matrícula que corresponda + 30 €

*Para estudantes prezos e condicións especiais. Consultar no correo educadoraspolapaz@gmail.com

* 15 € Por cada crianza para xantares e ceas e espazo infantil

Experiencias: As/os interesadas/os en presentar experiencias deben envialas antes do 31 de marzo ao correo educadoraspolapaz@gmail.com

 

INSCRICIÓNS

Cubrir a folla de inscrición e enviala xunto a unha copia do xustificante de pagamento a neg@mundo-r.com

Nº de conta: Nova Escola Galega ABANCA: ES77 2080 0300 85 3040089500

*Informamos de que nesta ocasión a organización non se fará cargo da xestión do aloxamento. Tedes información sobre o mesmo no apartado Secretaría, na parte esquerda desta mesma páxina.





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com