Nestas XI Xornadas Interxeracionais queremos facer unha lembranza a un veciño nacido en Roupar e destacado pola súa faceta política e intelectual, Anxo Guerreiro, coñecido por “Geluco” para as súas amizades.
Este ano temos especial motivación por poñer en valor as Asociacións veciñais e culturais do Concello de Xermade, xa que levan moitos anos traballando pola súa veciñanza. Esperamos que sexa un día de moitos encontros e que todas as veciñas e veciños se acheguen a Cabreiros ao I Encontro das Asociacións, onde ademáis de ver o que se fai noutros lados e en Xermade, tamén compartiremos todas e todos xuntos un xantar popular. Lembrade que é necesario anotarse. O último día das das xornadas farese entrega do I Premio de Investigación “Xermade na historia” e pola tarde terá lugar a X edición dos Xogos tradicionais.
Coma sempre teremos a colaboradoras/es de máximo nivel tanto nas charlas coma no contacontos.
Desexamos que compartades con nós estes días que planificamos para toda a comunidade e que vos divirtades.
Graciñas de antemán