DESCRICIÓN XERAL DA ACTIVIDADE
O Seminario Obradoiro de avaliación de materiais didácticos, vai pola súa VII edición. Procura ter un carácter innovador e emprendedor como parte necesaria da formación docente actual.
Esta actividade presenta un carácter práctico na que se parte de distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixidos aos distintos ámbitos de ensino (reglado ou non).
Procuramos ofrecer ferramentas de acción que o profesorado utilice no mesmo momento de realizar esta actividade formativa, cuestionando os propios materiais e o uso que se deriva da súa práctica reflexiva nas aulas.
OBXECTIVOS DE AVALIACIÓN
-Coñecer e usar guías de avaliación de materiais educativos.
-Avaliar os materiais didácticos a través de distintos modelos de avaliación.
-Tomar decisións construtivas respecto dos materiais educativos no propio contexto.
-Valorar os recursos educativos das principais editoriais para considerar a súa utilidade nas aulas.
METODOLOXÍA DO SEMINARIO
· Sesións teóricas: a mesa de debate servirá para situar a cuestión da avaliación dos recursos disponibles no tema de discusión. A mesa redonda será o colofón ao traballo de reflexión realizado entre todas e todos.
· Presentacións literarias: amosamos dous traballos de divulgación de interese nacional, relacionados co tema.
· Obradoiros: traballo personalizado. Número máximo de 10 participantes por obradoiro (escolle un de mañá e outro de tarde). Son sesións participativas, onde o asistente se inicia no desenvolvemento práctico da avaliación de materiais a partir de modelos seleccionados elexidos con criterio científico para o procedemento de análise e deseño de materiais e recursos educativos da actividade diaria. Nestas sesións o asistente pode achegar materiais propios.
WEB DA ACTIVIDADE
http://evaluationre.wordpress.com