Curso impartido pola especialista en conduta animal María Sabell.
Haberá unha parte teórica que se realizará na sede da asociación pola mañá (R/ das Hedras, 4-2ºO, Milladoiro-Ames) e pola tarde desprazarémonos ao exterior para traballar a parte práctica.
Contidos:
- Linguaxe de interacción para a cohesión da manda.
- Aplicación práctica para ciencias e actividades da natureza.
- Recursos de comunicación non verbal no ámbito da linguaxe.
- Formulacións prácticas aplicables á educación en valores e á convivencia escolar.
- As actividades con cans como ferramenta de inclusión e integración social: propostas no ámbito das necesidades educativas especiais, diversidade funcional, física e intelectual, altas capacidades...