Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2018 CURSO EN LIÑA: PENSAR E XOGAR: FILOSOFÍA PARA CRIANZAS 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- PROGRAMA- TEMPORALIZACIÓN
- FICHA DE INSCRICIÓN
- INFORMACIÓN SOBRE O CURSO

Presentación
 Con este curso ofréceselle ao profesorado de educación infantil e primaria un achegamento a ferramentas metodolóxicas que potencien a capacidade de pensar de nenos e nenas a través de actividades lúdicas e reflexivas. Que o alumnado vaia avanzando no seu pensamento, considerando distintas perspectivas é a pretensión final.

O traballo coas distintas habilidades de pensamento irá encamiñado a promover en nenos e nenas un pensamento cada vez máis autónomo dende tres perspectivas: o sentido crítico, o sentido creativo e o sentido coidadoso (dimensión ética).

Contaremos cun recurso metodolóxico privilexiado (o diálogo) que será medio e fin non só no curso (a través do foro) senón tamén nas sesión prácticas que cada participante desenvolverá nas aulas.

Obxectivos da actividade

Proporcionar ferramentas prácticas, reflexivas e creativas que promocionen o desenvolvemento do pensamento do alumnado.

  1. Comprender o valor da actitude reflexiva para a aprendizaxe.

  2. Coñecer, mediante a experimentación, as posibilidades da narrativa, da arte e dos xogos como potenciadoras das habilidades de pensamento.

  3. Introducir o coñecemento de diferentes programas e materiais: Proxecto Noria, Proxecto Miroscopio e Materiais de M. Lipman e A. Sharp.

  4. Avanzar no coñecemento teórico e práctico da Filosofía para Crianzas.

  5. Reflexionar sobre o papel da Filosofía na educación do alumnado e do profesorado.



Documentación

Ficha técnica
CURSO EN LIÑA - PENSAR E XOGAR: FILOSOFÍA PARA CRIANZAS
15 febreiro a 23 de marzo

Acceso ao curso:
http://cursos.nova-escola-galega.org/

Matrícula:
40€ matrícula ordinaria
20€ asociados/as de Nova Escola Galega

Homologación: 30 horas

Cubre a ficha de inscrición que aparece no apartado secretaría (á esquerda desta páxina) e envíao a neg@neg.gal xunto co xustificante de pagamento.

Nova Escola Galega (ABANCA)
Nº de conta: ES77 2080 0300 85 3040089500
Concepto: nome e apelidos + nome do curso




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com