|
 | A Actividade |  |
|
 | Presentación |  |
PROGRAMA DO SEMINARIO
09:00 - 09:30. Recollida de material. 09:30 - 10:00. Acto de inauguración. 10:00 - 11:00. Conferencia inaugural: Utilidades e aplicacións da Robótica Educativa. Dra. Almudena Alonso Ferreiro. Profesora da Universidade de Vigo. Grupo de Investigación Stellae. 11:30 - 13:45. Obradoiro con alumnado e familias: Aprender xogando con robots en familia. Dra. Almudena Alonso Ferreiro. 13:45. Conclusións e clausura
DESCRICIÓN XERAL
A robótica educativa será a protagonista da undécima edición do “Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos”, que terá lugar en Friol o día 21 de marzo de 2020. Conscientes da necesaria formación en metodoloxías STEAM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas), e partindo de que a escola é un espazo de aprendizaxe na que debe realizarse un tratamento reflexivo, crítico e innovador dos avances tecnolóxicos e científicos, esta actividade nace coa finalidade de ofrecer un espazo de encontro para o profesorado e a comunidade educativa (familias, outras/os profesionais…) co fin de favorecer a análise e utilización crítica dos robots na escola, nas aulas e nos fogares.
OBXECTIVOS DE AVALIACIÓN
· Coñecer tipoloxías de robots e estratexias metodolóxicas para utilizar estes recursos en diferentes etapas educativas. · Tomar decisións construtivas respecto do uso dos considerados robots educativos no contexto escolar e familiar. · Valorar os robots educativos para analizar a súa utilidade. · Intercambiar perspectivas e ideas para o desenvolvemento das competencias STEAM.
METODOLOXÍA DO SEMINARIO
· Conferencia inaugural. Servirá para situar o significado das competencias STEAM e a súa implicación para a aprendizaxe e o coñecemento, centrando o foco de atención no tratamento especifico da robótica. · Obradoiro. Trátase dunha sesión participativa para iniciarse no desenvolvemento práctico da avaliación e uso dos robots como recursos educativos. · Peche e resumo do Seminario. Colofón ao traballo de análise e reflexión realizado entre todas e todos.
|
|
|
|
 | Ficha técnica |  |
XI SEMINARIO OBRADOIRO DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS A Robótica na escola e nos fogares
Lugar e data de celebración: 3 de outubro de 2020 - Centro Sociocultural de Friol (Lugo).
Persoas destinatarias: Nenas e nenos con idades comprendidas entre os 5 e 12 anos, familias e persoas interesadas en iniciarse en cuestións relacionadas coa Robótica Educativa. Seminario gratuíto, pero é necesario inscribirse previamente en: https://bit.ly/36MUhoo
Prazas: 20 nenos/as e 20 persoas adultas (nais/pais, avós/avoas, profesorado, persoas interesadas no tema…). Para calquera dúbida ou aclaración: neg@neg.gal
|
|
|
|