O pasado 9 de novembro de 2019 celebrouse a primeira xornada de formación do Grupo de traballo EstimAr te (NEG).
A xornada titulada I Charla-coloquio sobre neuroeducación, forma parte dun ciclo de 3 sesións, que terán continuidade no ano natural 2020. A cargo da profesional Carmen Loureiro, celebrouse na xornada de mañá do sábado, de 10 a 13 horas.
A esta primeira sesión acudiron 18 persoas, incluídas as tres organizadoras. Entre as asistentes había diversidade, encontrámonos mestras da etapa de Educación Infantil, Primaria e profesorado de Secundaria, profesionais dos departamentos de Orientación, así como familias, todas cun interese común, a neuroeducación.
A formación abordou a temática proposta dende o enfoque da intelixencia emocional, un enfoque que coincide completamente coa identidade de EstimArte-NEG como grupo de traballo.
A valoración grupal realizada ao remate da charla foi moi positiva, tanto do contido como da relatora, á que agradecemos o xeito comunicativo e a aprendizaxe funcional.