|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
ATENCIÓN, PRAZAS ESGOTADAS!
DESCRICIÓN XERAL A robótica educativa será a protagonista da duodécima edición do “Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos”, que terá lugar en Palas de Rei o día 10 de abril de 2021.
Conscientes da necesaria formación en metodoloxías STEAM (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas), e partindo de que a escola é un espazo de aprendizaxe na que debe realizarse un tratamento reflexivo, crítico, innovador e creativo dos avances tecnolóxicos e científicos, esta actividade nace coa finalidade de ofrecer un espazo de encontro para os nenos e nenas, co fin de favorecer a análise e utilización crítica dos robots na escola, nas aulas e nos fogares. Tamén, aproveitaremos para ter unha visión práctica deste uso educativo.
OBXECTIVOS DE AVALIACIÓN
● Entender as tecnoloxías como un medio e non coma unha finalidade. ● Coñecer e valorar as posibilidades da robótica educativa como recurso para aprendizaxe. ● Identificar a presenza da linguaxe computacional na funcionalidade de mecanismos e obxectos da vida cotiá. ● Identificar o pensamento computacional como habilidade de pensamento. ● Experimentar metodoloxías activas e creativas que favorezan o desenvolvemento das competencias STEAM.
● Empregar os recursos dixitais de forma responsable, crítica e segura.
METODOLOXÍA DO SEMINARIO
● Conversa para nenos e nenas. Servirá para situar o significado das competencias STEAM e a súa implicación para a aprendizaxe e o coñecemento, centrando o foco de atención no tratamento especifico da robótica. ● Obradoiros. Sesión participativa na que poderemos iniciarnos no emprego da robótica como recurso educativo e como vía para o desenvolvemento das competencias STEAM dotándonos de ferramentas para a avaliación do seu uso. ● Peche e resumo do Seminario. Colofón ao traballo de análise e reflexión realizado entre todas e todos.
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
Lugar e data de celebración: 10 de abril de 2021 - Casa da Cultura de Palas de Rei (Lugo).
Persoas destinatarias: nenas e nenos de 1º a 6º de Educación Primaria.
Profesorado, familias (nais, pais, avós, ...) e persoas interesadas en iniciarse en cuestións relacionadas coa Robótica Educativa, poderán asistir sempre e cando queden prazas libres, tendo en conta a prioridade de inscrición dos nenos e nenas de Palas de Rei.
Seminario gratuíto, pero é necesario inscribirse previamente en: http://cutt.ly/5zw8U2u ATENCIÓN, PRAZAS ESGOTADAS!
Prazas: 30 participantes (alumnado, familias, profesorado, persoas interesadas no tema…) (Terán prioridade os nenos/as de Palas de Rei). ATENCIÓN, PRAZAS ESGOTADAS!
Para calquera dúbida ou aclaración: neg@neg.gal
|
|
|
|