|
 | A Actividade |  |
|
 | Presentación |  |
Compartimos con moita ledicia o programa das XVIII Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros (Xermade), que chegan á súa maioría de idade. Estas Xornadas, nas que colaboramos desde o seu inicio, son para NEG un potente referente do traballo socio-comunitario no noso rural. Aprendemos moitísimo do coidadoso proceso de xestación de cada edición. Nun momento no que se pon o foco na idea do abandono e baleirado do medio rural, a experiencia de Cabreiros, á que se suman outras iniciativas como a Invernada de Cine, por exemplo, é un fito que cómpre proxectar, coa fachenda e o agarimo que merecen.
Desexando compartirmos a emoción deste reencontro logo dos anos máis duros da pandemia!
|
|
 | Secretaría |  |
|
|
|
|