Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2022 ROTEIRO SOBRE A MEMORIA HISTÓRICA POR SANTIAGO 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
INSCRICIÓN PARA O ROTEIRO

Presentación
Unha nova actividade cultural gratuíta, organizada por Nova Escola Galega e aberta ao público xeral. Neste caso trátase dunha proposta relacionada coa recuperación da nosa memoria histórica, percorrendo distintas zonas da cidade de Santiago de Compostela. O roteiro xirará arredor da familia Cifuentes, que apoiou o golpe de estado do 36. Estará guiada pola profesora do IES Rosalía de Castro, agora xubilada, Paz Leirós, autora da novela "Y tú, por qué quieres hablar de eso" (2022) que será presentada como parte da actividade. Trátase dun testemuño literario cunha enorme carga de verdade, honestidade, dor e contradicións, que recolle dun xeito sumamente orixinal un momento difícil e incómodo, un tempo que expresa tamén a dificultade de mulleres para que tomen decisións sobre a súa propia vida. É a Historia oficial e sobre todo a oculta. A memoria e os feitos. A palabra contra o esquecemento.

Ficha técnica
Ficha técnica da actividade
(máis información)



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com