|
 | A Actividade |  |
|
 | PARA SEGUIRMOS CAMIÑANDO |  |
As difíciles condicións actuais, coa ausencia total de axudas por parte das administracións, esixen desenvolvermos accións alternativas para podermos sustentar economicamente o noso proxecto asociativo. Con este propósito, acordamos a celebración desta gala de apoio a Nova Escola Galega, baixo o título de "PARA SEGUIRMOS CAMIÑANDO", agardando que sexa unha ocasión acaída para reivindicarmos arredor da música e da palabra a vixencia das ideas que defendemos, precisamente nun momento no que sufrimos o maior ataque á educación pública e á lingua, que desde o noso nacemento podemos recordar.
A gala celebrarase o sábado, día 30 de Novembro, a partir das 19 horas, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
Grazas á desinteresada colaboración dunha chea de amigos e amigas artistas, compuxemos un luxo de PROGRAMA: Presenta: Alberto Mancebo. Interveñen: Mariló Candedo, Agustín Fernández Paz, Os D’Abaixo, Odaiko, Cis Frambá, A miña primeira Rosalía (Mª Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra)
Vaia por adiantado a nosa emocionada gratitude a todas as persoas que se prestaron a colaborar con nós. Moitas delas xa o fixeron noutras ocasións, nas nosas propias actividades ou con motivo dalgunhas presentacións da Revista Galega de Educación. Desta volta fannos un novo agasallo, precisamente neste ano que se facemos trinta desde os nosos comezos.
As entradas-donativo despacharanse dende Nova Escola Galega a 15 euros, mediante ingreso na conta de NEG en Nova Galicia Banco (2080 0300 85 3040089500), o correo electrónico (neg@mundo-r.com), o teléfono/fax (981562577) ou directamente no noso local (rúa San Clemente, 18, baixo – 15705 Santiago de Compostela). Tamén hai a posibilidade de mercar fila 0, co mesmo importe.
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
DATA: sábado, 30 de Novembro HORA: 19 horas LUGAR: Auditorio de Galicia, Sala Mozart, Santiago de Compostela PROGRAMA: Presenta: Alberto Mancebo Interveñen: Mariló Candedo Agustín Fernández Paz Os D’Abaixo Odaiko Cis Frambá A miña primeira Rosalía (Mª Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra) VENDA DE ENTRADAS-DONATIVO: 15 euros. Tamén hai a posibilidade de mercar fila 0, co mesmo importe. ·Ingreso na conta de NEG en Nova Galicia Banco (2080 0300 85 3040089500) ·Correo electrónico (neg@mundo-r.com) ·Teléfono e fax 981562577 ·Local na rúa San Clemente, 18, baixo – 15705 Santiago de Compostela
|
|
|
|