Navegación: Inicio Actos e xornadas PREMIO LOIS PEÑA NOVO 
Usuario
Contrasinal:

Presentación
O xurado do premio acordou concedelo a Nova Escola Galega por: ASOCIACIÓN NOVA ESCOLA GALEGA por tratarse dun colectivo da sociedade civil que desde 1983 ven traballando coa finalidade de construir un sistema educativo en galego, público e democrático, implicando a persoas tanto do ámbito educativo como da sociedade en xeral e exercendo un labor de transcendencia na formación de novo profesorado como eixo fundamental para a pervivencia da lingua galega. O seu traballo ten incidido enormemente e a través dos anos no ámbito da administración pública frenando, con accións moi puntuais, políticas desgaleguizadoras. A súa permanente colaboración con Portugal e outros países de fala lusófona a través da Federación Internacional de Movementos de Escola Moderna e Movementos de Renovación Pedagóxica, tratou sempre de incidir e provocar movementos a prol da defensa das identidades culturais e lingüísticas en especial a galega. Suliña o xurado o compromiso de Nova Escola Galega na defensa e utilización da lingua galega no entorno da xuventude e da mocidade como eixo fundamental da normalización do uso do idioma galego.
(máis información)

Documentación
RECEPCIÓN DO PREMIO
ACTA DO XURADO

Enlace externo  Ligazón a vídeos e fotos no Facebook de NEG



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com