Dende hai varios anos, NEG vén publicando a súa opinión a respecto de diferentes asuntos da educación por medio dunha pequena publicación á que lle demos o nome de NOVA ESCOLA GALEGA OPINA. Esta publicación, monográfica, sen periodicidade fixa e de carácter gratuíto, vímola editando cando algún tema de importancia sacode o mundo educativo e enviámola a todos os centros de Galicia, ademais de ás nosas asociadas e asociados. Aquí poden verse os últimos números editados e, se se desexa, descargalos nos vosos computadores.
|
|